Co gallo da celebración, nunha semana, das Letras Galegas, as actividades ligadas a esta data multiplícanse. E, no caso da Coruña, a axenda cultural suma máis propostas a unha semana do 17 de maio.
Non é unha actividade como tal, pero onte presentouse a campaña conxunta da Xunta e Renfe polo día das Letras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, xunto ao xerente e o xefe de área comercial do Servizo Público de Renfe en Galicia, Javier Pérez e Alberto Martínez, presentaron as accións que se desnvolverán.
As principais serán que a imaxe institucional do día das Letras vestirá os asentos dos trens de Media Distancia e Avant da comunidade. Poranse en marcha, tamén, proposta de dinamización da lingua galega nos puntos de información ao viaxeiro e, como é habitual, onte entregárones libros en galego aos usuarios deste medio de tranposrte.
No caso do Concello da Coruña, o festival Primaletras contará con lembranzas a esta celebración, coa participación do historiador Ramón Villares e do artista coruñés Xurxo Souto.
Será o mércores na biblioteca municipal de Estudos Locais, en Durán Loriga, cando Villares imparta un coloquio sobre a figura de Delgado Gurriarán, además do exilio e da emigración tras a Guerra Civil do 36.
O acto terá como final un espectáculo regueifa de Xurxo Souto, coa compaña do músico Manuel Maseda, con composicións do homenaxeado.
Esta proposta súmase así á que ten prevista a concellaría de Medio Ambiente para o vindeiro día 16, con dous percorridos guiados polo cemiterio de Santo Amaro.
Como ven sendo habitual, o guía será Suso Martínez. Na primeira das visitas afondarase nos autores fundamentais da nosa lingua vencellados ao periodo do Rexurdimento. Na segunda, daránse a coñecer os segredos de Santo Amaro, mais nesta ocasión farase en clave literaria.
Como é habitual para este tipo de actividades, tamén haberá dispoñibles un total de 20 plazas para cada un dos percorridos da véspera das Letras Galegas.
Por outra banda, dende a área Patimonio da Deputación da Coruña, as Letras Galegas celebraranse con música, grazas á proposta “O son das Letras”.
A primeira das citas deste ciclo será o 17 na igrexa de Bastavales, no Concello de Brión. Será o 25 de xuño cando chegue á Coruña, en concreto ao teatro Colón.
As protagonistas dos recitais que propón a Deputación serán a soprano Clara Jelihovschi e a pianista Marianna Prjevalskaya. O deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, explica que tratan de achegar á cidadanía a riqueza patrimonial e o seu vencello con outras disciplinas.