Manel Cráneo | “Temos un modelo de festival envidiable”

Manel Cráneo | “Temos un modelo de festival envidiable”
Manel Cráneo posa xunto á nova figura de Viñetas, Gaspariño | Carlota Blanco

Manel Cráneo (A Coruña, 1973) é o director da 27 edición de Viñetas desde o Atlántico, que naceu este 2024 co obxectivo de innovar sen perder a súa esencia. 

 

Tras seis meses de traballar  case sen durmir, o artista gráfico reflexiona sobre o seu primeiro ano á fronte do salón do cómic herculino.

 

Balance sobre Viñetas 2024? 


En primeiro lugar, vimos un aumento de público tanto na Rúa BD como nas exposicións, sobre todo de público infantil. Isto nos interesa moito porque  eles son os futuros lectores e tamén, quizáis, algún futuro autor. 

 

Houbo moitas felicitación pola organización, por volver a traer autores internacionais, polo traballo feito cos autores galegos. 

 

No relativo ás vendas foi un bo ano, similar ao 2023. Gustou moito a proposta de Viñetas Ñam en colaboración coa hostalaría da cidade, conseguimos un récord de exposicións entre as oficiais e as paralelas e, para min, foi un acto moi emotivo incluir a presencia de Gaspariño entre as figuras do Viñetas. 

 

Estamos moi contentos porque competiamos con eventos importantes das festas da cidade pero o equipo técnico novo amosou que había gran profesionalidade e un nivel humano incrible. 

Qué sensacións percibiu entre autores, editores, autores e os visitantes? 


Por primeira vez houbo unha conexión entre todos. Os visitantes estiveron enchufadísimos e fixemos unha sesión vermú no Circo de Artesáns con todos os expositores, libreiros especializados e editores, todos estaban alucinados porque era a primeira vez que tiñamos unha posta en común para valorar como foi o festival. Ademáis, os autores convidados levaron unha gran experiencia.

 

Está satisfeito entón co que viu? 


Estou moi contento pero o estou se vexo contestos aos demáis e este ano pasou algo que non vira. Cando estabamos recollendo os stands e anunciaron pola megafonía que remataba a feira houbo un aplauso colectivo nas casetas. 

 

Ese aplauso foi unha reposta que me gustou escoitar por todo o equipo co que estiven traballando. Creo que este ano Viñetas convertiuse  nun lugar onde estar para xente que antes non viña.

 

Ata onde pode medrar Viñetas? 


Se eu sigo o ano que ven, a idea será como mínimo manter a fórmula deste ano mellorando cousas. Teño un equipo moi traballador e con un nivel de autocrítica moi grande, non somos moi de tirarnos flores, sempre miramos máis as cousas que se poden pulir.


Outro fito histórico que me gustaría manter é a colaboración entre as tres institucións que nos apoiaron este ano –Concello, Xunta e Deputación–, ás que dou as grazas. 

 

Colaborando xuntas podemos ter un dos festivais máis importantes do mundo, porque temos a esencia, unha cidade que se volca, un panorama excelente de autores, temos todos os factores para converternos nun festival de referencia internacional e creo que hai que seguir traballando por aí. 

 

Coa suma destas tres entidades conseguimos un festival con actividades de moi boa calidade e entrada de balde, feito con cartos públicos. É un modelo de festival envidiable.
.
Estamos ante un Viñetas máis reivindicativo que nunca...


Si, este ano tivemos convidados cun perfil moi social, interpretación en linguaxe de signos no Viñetas Show e creo que esto é un avance. Faltounos algún convidado máis mainstream pero tivemos unha diversidade incrible que era algo que tamén se pedía.


Agora imos comezar en setembro outra fase de Viñetas Inclusivas en colaboracións con ONG que darán visibilidade a di frentes colectivos vulnerables, isto vai facer que Viñetas destaque por riba doutros festivais e nos desmarquemos con esta aposta pola diversidade.

 

Cómo chegou a idea de expandir Viñetas a máis eidos?


É máis a integración de cousas que había e non estaban no programa oficial. Facer que foramos todos xuntos da man  foi unha alegría inmensa, fai que pareza que o que temos é unha gran familia. A intención fundamental era que todos sumabamos e que a unión fai a forza.

 

Que se di de Viñetas dende fora?


Dende fora hai ganas de vir e a sensación de que temos un festival importante. Nese aspecto vou durmir tranquilo 

Manel Cráneo | “Temos un modelo de festival envidiable”

Te puede interesar