Veinte años con un riñón prestado

Alfredo Saborido, coordinador de Alcer Coruña, asegura que los trasplantados experimentan para siempre "un duelo con alguén que non coñecemos, pero que temos presente"
Veinte años con un riñón prestado
Alfredo Saborido

Alfredo Saborido tenía 24 años cuando empezó a recibir diálisis. Casi la misma edad que está a punto de cumplir su riñón 'prestado'. El coordinador de Alcer Coruña está a punto de celebrar el vigésimo aniversario de su trasplante renal. "As persoas transplantadas experimentamos un duelo con alguén a quen non coñecemos, pero que temos presente, que agradecemos a súa decisión ou ben a da súa familia e creo que vivimos unha especie de luto por alguén que nos deu vida e non é a nosa nai. Sempre crin que este proceso interno simplemente se vive e é difícil de compartir, expresar ou transmitir”, explica.

 

Un diagnóstico repentino lo hizo entrar en tratamiento de diálisis con solo 24 años y con mucha aprensión. "Fun informado de todos os tratamentos que podía recibir e tiven a opción de poder optar á diálise peritoneal e adaptala á miña forma de vida do momento. Hai cousas que non che ensina ninguén: o proceso de duelo da aceptación da enfermidade, a ligar cun catéter no abdome ou a algo tan básico como a non beber cando tes sede”. Y es que, como explica, las personas en tratamiento de diálisis tienen que adaptar el tratamiento a su vida: “Cando te exclúen de comer e beber como o resto, exclúente dos circuítos de socialización e de seducción. Creo que as persoas cun tratamento como diálise vivimos nunha continua campaña pedagóxica para que o resto entendan por que hai cousas que non fas, ou ben nunha continua saída do armario como persoa con enfermidade renal explicando o que che pasa”.

 

En relación a su proyecto de vida y su trasplante, Alfredo asegura que “non sei que pasaría se non tivese pasado por aquel día no que morría de medo porque lle teño pánico á anestesia... Pero moitas foron as experiencias vividas grazas a alguén a quen quero e non coñezo: o meu actual marido leva comigo pouco máis que o meu ril, pasados estes 20 anos pasei do rol de coidado ao de coidador (xa que non é por min polo único que pasan os anos). Necesitaría varios transplantes para dedicarme a todo o que me gusta, pero desenvolvinme como traballador social, así como sexólogo e agora levo uns anos en proceso de facer aquilo que a enfermidade parou (entre outras cousas) como é miña rama artística no mundo da interpretación, do cine e do teatro. Tamén viaxei, teño unha familia elixida de luxo... As contas non me saen a deber”.


En relación á aprendizaxe vital, Saborido asegura que “sempre mo preguntei con respecto á ERC, que me ten traído de positivo? A ver... É unha amiga da que non me podo desfacer, teño que levarme o mellor posible con ela, aínda que moitas veces nos tiremos os trastes á cabeza. A cronicidade e o ter que vivir sempre con esa amiga que non te cae ben, faite reorganizar moitas cousas na túa escala de valores, nas túas prioridades”


Alfredo siempre estuvo vinculado al movimiento asociativo. “A verdade é que con pouco máis de 20 anos entrei no Colectivo Gai de Compostela e na Federación de Asociación Lgtb Aturuxo. A enfermidade renal subiuse ás miña costas en plena presidencia do CGC cando se estaba a piques de aprobar a Reforma do Código Civil e a aprobación do matrimonio igualitario. Si, creo na base social do terceiro sector, na súa forza e representación da realidade: temos que votar cada catro anos, pero creo que a acción social mobiliza e é o verdadeiro motor de cambio. Como coordinador e vicepresidente de Alcer Coruña considero que a labor da entidades sociais non está o suficientemente recoñecida dentro do ámbito da toma de decisións, porque temos un carácter reivindicativo de fondo e non somos meras prestadoras de servizos”


Desde 2013 forma parte de la Junta Directiva de Alcer Coruña y desde 2015 parte do su equipo técnico. “Cada vez existen máis espazos onde as entidades temos representación, pero non existe unha realidade integral de participación activa da representación das persoas con algunha patoloxía. O lado negativo destes anos na entidade é darte conta de que a nosa representación necesita seguir sendo loitada, nos procesos de toma de decisións. Eternos debates sobre prostitución onde non se escoita a voz das prostitutas. Pois neste eido igual. Recordo cando estudei Traballo Social que Servizos Sociais e Sanidade estaban dentro dunha mesma Consellería e entendo a diferenciación nas políticas, pero a brecha entre o social e o sanitaria é como unha brecha creada no chan tras un terremoto. Igualmente a brecha entre profesionais sanitarios e sociais. Compre seguir aí para acadar unha concepción integral".

Veinte años con un riñón prestado

Te puede interesar