A Xunta celebra na Coruña os Días Europeos da Artesanía 2025

A Xunta celebra na Coruña os Días Europeos da Artesanía 2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde na Coruña a iniciativa Oficios en acción impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta, para conmemorar os Días Europeos da Artesanía 2025. Ao longo de toda a xornada estanse a desenvolver obradoiros de iniciación en diferentes técnicas no Centro Ágora da Coruña co obxectivo de achegar á sociedade os oficios artesanais e contribuír á posta en valor do traballo dos artesáns e artesás e do produto feito á man.

 

Imagen editada

 

Na programación, inclúense obradoiros de coiro cos obradoiros Jatafarta, Chueco e Antolín Piel, de pregado de libros con Mioco Deseños, bordado con Casperlota, bixutería con Artesanía Nia, encadernación con Códice, tocados con Hana no Boshi, cerámica con Mario López e con Víctor Ares, xoiería con A Feitura, ecoprint con Las flores de Greta, vidro con Eugenio Soto e cestería colaborativa con Julia de la Cal, de La Parabólica, Premio Artesanía de Galicia 2024.

A Xunta celebra na Coruña os Días Europeos da Artesanía 2025

Te puede interesar