O PSOE e o BNG asinan un acordo para asegurar a organización municipal en Paderne

O PSOE e o BNG asinan un acordo para asegurar a organización municipal en Paderne
O alcalde socialista, Sergio Platas (e), e o concelleiro do BNG, Manel Pérez (d) durante a sinatura do acordo | Cedida

O BNG e o PSOE acadaron un acordo para o Pleno de organización que se celebrará mañá ás 8:30 h da mañá e que esperan supoñan avances fundamentais para o concello de Paderne no presente mandato. “O BNG, que permanecerá na oposición, e o PSOE asinamos este acordo para garantir un goberno de esquerdas en Paderne”, aseguran.

 

Elaborar un estudo das necesidades e deficiencias do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas, adaptado aos diferentes tipo de núcleos, así como un cronograma con prazos e proxectos concretos para corrixir estas deficiencias e estudar fórmulas de financiamento para estas actuacións é un dos compromisos fundamentais do acordo que se fixo público esta mesma tarde.

 

“Comprometémonos á creación da Mesa da Ría de Betanzos, na que estean representados colectivos medio ambientais, confrarías, representantes dos concellos e dos diferentes grupos políticos que integran as corporacións e técnicos de medio ambiente”, explicaron o voceiro do BNG, Manel Pérez e o alcalde de Paderne, Sergio Platas. “Promoveremos a colaboración entre todos os concellos da ría para dar prioridade ao control de vertidos, que é un problema cada vez máis importante tanto en Paderne como en toda a comarca.

 

Outro dos puntos fundamentais asinados polo PSOE e o BNG é mellorar a información e transparencia do Concello de Paderne. “Democratizar os órganos de expresión do concello facilitando que se recollan as diferentes opinións, a creación dunha comisión mixta para o estudo e mellora da web municipal e facilitar o uso dos locais sociais a asociacións, clubs deportivos e grupos políticos cun código que recolla as normas de utilización”, son puntos de acordo fundamentais para o avance de Paderne.  

 

O acordo recolle tamén medidas como promover unha cooperativa enerxética local ou un censo de vivendas baleiras e un banco de vivenda pública a prezo taxado, ou axudas para a rehabilitación e avances en materias de conciliación.

 

O PSOE e o BNG asinan un acordo para asegurar a organización municipal en Paderne

Te puede interesar