Romaría por todo o alto en Monteagudo, Arteixo

Romaría por todo o alto en Monteagudo, Arteixo
EE22A40A 84AD 481F BB99 3E653E1B1458

Monteagudo celebra este sábado, día 6, a romaría da Virxe da Estrela, que congrega a preto de mil persoas cada ano e que se recuperou en 2009 despois de cinco décadas sen levarse a cabo. É unha especie de ‘Rocío’ e o camiño se fai “pouco a pouco” ata chegar ao Monte da Estrela, “desde o que se ve toda a costa ata Ferrol”, indica Mari Carmen Barbeito, directiva da asociación veciñal Santo Tomás de Monteagudo.


A festa evoluciona acorde aos tempos, explican. Antes se levaban as cestas coa comida e agora hai carpa e unha empresa sirve a comida, pero a devoción e o sentimento perduran. “Esta festa tivo moita repercusión nos anos de antes e nós conseguimos retomala, é verdade que necesitaríamos relevo na xente nova porque os organizadores xa non somos novos”, sostén a veciña.

 

EE22A40A 84AD 481F BB99 3E653E1B1458


A procesión sairá ás 12.30 horas da capela de Monteagudo e os romeiros subirán “polos camiños polos que se ía antigamente”. No pasado se realizaba un pequeno descanso na chamada fonte das Meigas e delante do cruceiro, elementos que xa non existen, aínda que os descansos serán necesarios igualmente. A coral polifónica de Pontedeume participará na misa solemne que se realizará, xa no monte, ás 13.30 horas, e despois haberá baile co dúo Caramelo, xantar e actividades para os máis pequenos pola tarde –paseos a cabalo e inchables–.


Antes da romaría, mañá venres, os veciños quentarán motores cunha churrascada e sardiñada no campo da festa. “Na comisión estamos unhas oito persoas, pero temos máis colaboradores. Normalmente na romaría somos máis de 800 persoas, pero depende do tempo que faga. É unha festa diferente a outras porque xa o  lugar é espectacular. Se está bo día podes ver Baldaio e incluso ata Ferrol”, conclúe Mari Carmen Barbeito.
 

Romaría por todo o alto en Monteagudo, Arteixo

Te puede interesar