Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo: "Con sorte, a ver se este mes levamos a aprobación provisional de San Cidre”

Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo: "Con sorte, a ver se este mes levamos a aprobación provisional de San Cidre”
Alejandra Pérez Máquez, alcaldesa de Bergondo | Pedro Puig

Nas últimas eleccións municipais, Bergondo votou progreso, pero sen maiorías para ningunha das siglas concorrentes, polo que houbo que negociar durante días para alcanzar un acordo entre o PSOE e Alternativa dos Veciños. Alejandra Pérez Máquez, reelixida alcaldesa co apoio dos seus e de AV, analiza os primeiros cen días no novo mandato, do que "non sería consciente  se non fose por este tipo de efemérides" porque "o tempo pasou voando e, como sempre, inmersos nun intenso traballo no Concello de Begrondo".

 

¿Puideron desbloquear proxectos pendentes ou impulsar algún novo que crea prioritario?

Non falaría de desbloquear, se non de ir cumprindo prazos. É certo que os grandes proxectos, como o PXOM ou a modificación de San Cidre, aínda non chegaron á súa fase final pero si que se poden ver avances noutros como a construción do complexo deportivo da Senra, ou o plan de mellora das infraestruturas do polígono, moi importante para evitar inundacións. Tamén impulsamos proxectos sociais, como a continuación de Bergondo en Feminino, e culturais como o Guísamo Folk. En canto ao futuro, agardamos ter neste mes de outubro un pleno con avances en proxectos de saneamento, no da praia do Regueiro e, con sorte, a ver se podemos levar a aprobación provisional de San Cidre.

 

Cómo está sendo esta segunda experiencia con Alternativa dos Veciños?
Positiva. Ambas agrupacións éramos conscientes de que os veciños votaran progresismo e tíñamos que poñernos de acordo para crear un goberno estable no que, por enriba de todo, está o interés xeral. A colaboración e o diálogo son fundamentais na política local, e estamos comprometidos en seguir traballando xuntos para o beneficio de Bergondo.

 

Que é máis dificil, negociar un acordo de investidura e de coalición ou gobernar?
Non podería decantarme por unha ou outra. Ambas etapas presentan desafíos únicos. A negociación de acordos de investidura e de coalición require tempo e esforzo para chegar a consenso pero o reto é levar a cabo esas políticas e proxectos de maneira efectiva a través do traballo día a día.

 

Cales son los retos que se marca para los vindeiros meses? Comenzaron a traballar nos Orzamentos de 2024?
Temos unha serie de retos importantes, moitos centrados no ámbito do urbanismo. Creemos que pronto se poderán ver avances no tan ansiado Plan Xeral e tamén agardamos que a modificación puntual que preparamos para San Cidre, que permitirá transformar este espazo, poida ter luz verde para que os documentos comecen a traducirse en actuacións. Queremos continuar mellorando a infraestrutura de Bergondo, impulsar proxectos de desenvolvemento sostible, promover a participación cidadá e fortalecer os servizos municipais. Si, comezamos a traballar nos Orzamentos de 2024, co obxectivo de garantir unha xestión eficiente dos recursos públicos e priorizar as necesidades dos nosos cidadáns. Estamos comprometidos en seguir traballando duro para lograr un futuro máis próspero e sostible para a nosa comunidade.

Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo: "Con sorte, a ver se este mes levamos a aprobación provisional de San Cidre”

Te puede interesar