A Mostra de Teatro no Mosteiro transforma en escenario o claustro de San Salvador de Bergondo

A Mostra de Teatro no Mosteiro transforma en escenario o claustro de San Salvador de Bergondo
A iniciativa cultural foi presentada no claustro de San Salvador

A asociación cultural Catro Gatos, co apoio da Deputación e o Concello de Bergondo, celebrará a primeira edición da Mostra de Teatro no Mosteiro, unha iniciativa no claustro de San Salvador para “estreitar os vínculos entre o patrimonio arquitectónico e as artes vivas, dinamizar a través da cultura lugares singulares e achegarlle ao público da comarca un novo punto de encontro co teatro”. Así o explicaron en rolda de prensa a concelleira de Cultura de Bergondo, Patricia Vázquez, e o actor Tone Martínez, da asociación Catro Gatos.


“A Mostra de Teatro no Mosteiro de Bergondo bota a andar cos obxectivos de dinamizar a través da escena o noso patrimonio arquitectónico e faino nunha primeira edición que servirá de experiencia piloto para ir espallando a súa actividade nos vindeiros anos”, sinalou Martínez. Deste xeito, o venres 27 actuará o propio grupo de teatro da asociación Catro Gatos, que representará ‘Río bravo’ e, ao día seguinte, chegaralle a quenda á compañía profesional Galeatro coa súa obra ‘Arte sen guión’, unha coprodución xunto ao Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura.


A entrada para ambas citas, fixadas para as 20.30 horas, será gratuíta e libre até completar as 150 localidades habilitadas.

A Mostra de Teatro no Mosteiro transforma en escenario o claustro de San Salvador de Bergondo

Te puede interesar