El Concurso de microrrelatos María Casares anuncia sus ganadores

El Concurso de microrrelatos María Casares anuncia sus ganadores

El Concurso de microrrelatos María Casares anunció sus ganadores 

 

Ganador: Xurxo González Rodríguez 

Sentín a súa colorosa aperta ao me poñer o vestido, non sendo este un vestido calquera, lixeiro coma un suave asubío. Miña naiciña, ben querida, recreo a miña infancia no teu regazo, a ser actriz cos teus tecidos, no prado xogando; miña naiciña, ben querida, agora estou aquí, fronte ao escenario, perdo o medo aos aplausos coa túa caricia.

 

Primer finalista: Carmen López 

Faltaban só dous minutos, a suor esvarábame pola fronte, tremíanme as pernas. Só se me antollaba pensar na miña nai, quen me fixera o traxe que levaba posto. Esta era a miña primeira actuación, desde ese mesmo momento, a frase que me axudou a non me volver pór nerviosa antes de actuar foi: "cando chegas ao escenario, xa está, só hai que deixarse levar".

 

Segundo finalista: Lucía de la Iglesia Fernández 

Verde campo o que naceu nas miñas costas, creceu, cheo da luz que lle proporcionaba aquel místico lugar. Esvarábanme as enredadeiras, mecidas e peiteadas pola brisa que me rodeaba, aterecíame tanto iso como a pequena sensación de nerviosismo que emerxera hai uns días no peito. Corre a tea entre as miñas pernas, acompañado dos pequenos detalles de algodón, e o traxe móvese, como si estivera vivo. Os meus pés bailan xunto ao lixeiro vestido no que estou. Contemplo, decidida, cara a diante. E sorrío, leda, encantada coas miñas prendas. Traxe de escena de Titania, Le Songe d’une nuit d’été.

El Concurso de microrrelatos María Casares anuncia sus ganadores

Te puede interesar