A Xunta de Galicia conmemora este ano o centenario do nacemento de María Casares con diversas actividades, programas vinculados á arte, á escena e ao eido editorial, así como cunha ampla programación diversificada que pretende promover a visibilidade desta artista internacional coruñesa.
Unha destas actividades desenvolverase xunto ó noso xornal El Ideal Gallego, do 1 ao 30 de novembro.
Durante ese prazo, levaremos a cabo o Concurso de microrrelatos “María Casares sobre o escenario”, onde estudantes de E.S.O. demostrarán a través da nosa páxina web, os seus coñecementos sobre a artista.
A partir do 1 de novembro poderán rexistrarse na web, buscar a noticia relativa ao concurso e ensinarnos os seus dotes como escritores, plasmando nun comentario o seu microrrelato de entre 3 e 100 palabras, baixo a temática proposta “María Casares sobre o escenario”.
Apunta a data do 1 de novembro no teu calendario e poderás ser un dos gañadores de fantásticos premios.
Valorarase a creatividade e orixinalidade dos textos recibidos.