Viñetas desde o Atlántico chega á súa edición número vintecinco como unha cita consolidada na cidade. Falamos con Miguelanxo Prado, o seu director.
Que significa este 25 aniversario de Viñetas desde o Atlántico?
A cuestión dos números no fondo xa sabemos que é un asunto estrictamente virtual, que somos nós quen lle damos esa dimensión. Vintecinco anos supón por un lado ter conseguido algo que evidentemente estaba na ambición inicial que era conseguir perdurar porque a fórmula que se propuxera acadar a aceptación de todos os implicados. O que queriamos promover era facer un evento que tivera interés fóra, que non só servise para xuntarnos nós senón que tivera interés para o resto dos galegos, o resto dos españois e hasta onde puidese ser atraer xente de máis alá das fronteiras. Estes 25 anos o que nos permitiron foi desenvolver todo ese proxecto e poder dicir sen dúbidas, non é unha estimación, non é un desexo, é unha evidencia, que conseguimos facelo.
Que novidades vai incorporar esta edición?
Se consideramos novidade volver a unha certa normalidade se da a novidade máis importante. Eu o que quería era tentar facer un festival que fora satisfactorio para o público pero tamén atractivo para os autores que participaban. Esa fórmula que se plantexou nun primeiro momento si que foi tendo pequenos cambios ao longo de todos estes anos para ir axeitando ben esa maquinaria, pero a fórmula basicamente era a mesma, poñer o foco no feito cultural e creativo da banda deseñada. Non caben moitas novidades máis alá das que fomos incorporando ao longo destes 25 anos, neste momento é unha fórmula que funciona perfectamente. En realidade vas facendo cambios nas cousas que non funcionan, houbo cousas que tivemos que ir modificando pero facer cambios en Viñetas tal como está agora suporía pois eso ou que algo deixa de funcionar ben, que entón sí teríamos que cambialo ou cambiar a filosofía do festival si chegásemos á conclusión de que xa non é válido, de que ao público non lle interesa ou de que aos autores xa non queren vir porque non lles parece atractivo.
O mundo do cómic vive un bo momento?
Sí, é un bo momento. É un momento estupendo a nivel creativo, en eso pode servir esa traxectoria de 25 anos de Viñetas para amosalo, foron moitos os cambios que se produciron e unha das cousas que se conseguiron ao longo de estos anos foi facer da linguaxe que utilizamos, do cómic, unha ferramenta de comunicación e de expresión madura ata o punto de que hai 25 anos moitos temas ou moitos estilos non eran esperables dentro do mundo do cómic e hoxe en día calquera tema que poda estar presente en calquera outra manifestación narrativa ten cabida no mundo do cómic, e a nivel estético xa non digamos, o cómic hoxe por hoxe é un espacio de vangarda e de experimentación continua. Ahí é onde están as novidades, en novos autores que chegan con novas formas de facer cómic e nós amosámolo, reflicte esa boa saúde que ten o cómic.
Que sería do verán coruñés sen as figuras de Viñetas nas rúas?
(Ríe) Eso non son eu quen o ten que decir. Eso quen tería que opinar sería por un lado os coruñeses, e despois como transmisores de ese estado de opinión os medios de comunicación. Para min os medios desde a primeira edición foron fundamentais no traballo de facer chegar a proposta á xente e tamén incluso para defender o proxecto. Un proxecto cultural nunca é determinantemente interesante para as institucións e ahí é onde os medios de comuniación xogan un papel en axudar a visibilizar esa trascendencia e o terceiro son os políticos, cando estamos falando de propostas da iniciativa pública. Esos tres estamentos son os que teñen que decidir hasta cando queren ter os bonecos de Viñetas pola Coruña adiante.
Pensaba que Viñetas desde o Atlántico acadaría tanto éxito?
Pois durante moitos anos fun tremendamente hipócrita e eu decía sistematicamente cada vez que facíamos unha rolda de prensa ou na inauguración do festival “pois bueno, pois que sorpresa, aquí estamos, despois de dez anos, despois de 15 anos...” pero no fondo era un xogo case case de ritual, porque cando pós en marcha un proxecto de este tipo todos os implicados esperábamos xusto eso, que durase. A ambición sí que a tiñamos pero non había nada que nos garantise que podíamos chegar. Pero a partires da 15 edición todo estaba razonablemente engraxado para pensar que poderíamos chegar a facelo, sempre que contásemos co apoio económico do Concello que esa é unha variable da ecuación imprescindible.