Repsol e a Xunta volven impulsar o premio de Narrativa Breve

A dotación económica ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela por parte da Editorial Galaxia
Repsol e a Xunta volven impulsar o premio de Narrativa Breve
Presentación do premio Repsol

Fundación Repsol e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia impulsan a creación literaria a través dunha nova convocatoria do Premio Narrativa Breve en lingua galega.


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a xerente de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez Badiola, anunciaron en Santiago de Compostela a XVIII edición do premio que ambas as entidades promoven desde o 2006. Durante o acto estiveron acompañados polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e polo director xeral da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.


A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia.


As obras poderán enviarse ata o próximo 31 de xullo. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.


Unha vez pechado o prazo, un xurado decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Estará conformado por cinco membros, que representarán a Fundación  epsol, á Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, á Real Academia Galega, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Editorial Galaxia.
 

Repsol e a Xunta volven impulsar o premio de Narrativa Breve

Te puede interesar