O fútbol gaélico chegou a Galicia hai anos e fíxoo para quedar. Logo da pandemia, e a lóxica baixada de licencias, esta disciplina deportiva xa está en cifras pre COVID demostrando o seu tirón. Ademais, a Selección Galega estrea novo modelo de camisola e proveedor que será a marca de roupa galega Acontravento (https://acontravento.gal/).
Esta modalidade conta xa en Galicia con 407 licencias. Delas 98 son de menores de 18 anos, e o resto repártese entre 105 femininas e 204 masculinas.
Isto indica que o fútbol gaélico galego xa se move en cifras ca están a niveis pre COVID.
Como noutras modalidades deportivas a pandemia levou aparellada unha caída de licencias pero se na tempada 2017-18 había 418 licencias nesta 2023-24 falamos de 407.
Houbo ata cinco torneo de ámbito galego:
1.Torneo de Trazo Feminino
2.Torneo 7s A Estrada
3.Gaélico Praia Sada
4.Torneo Celtic Cup
5.Torneo Reconquista
Tamén se levaron a cabo competicións como Liga (85 encontros), All-Galicia (11 partidos), Shield All-Galicia (11 encontros), Copa (26 partidos) e Liga Máster (10 encontros). Entre todas suma 143 partidos de fútbol gaélico disputados na nosa comunidade por equipos galegos.
As ‘Gaélico Escolas PuntoGal’, o proxecto que máis medrou
Con todo, desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico resaltan o traballo feito esta tempada coa base a través da iniciativa ‘Gaélico Escolas PuntoGal’ que achegou este deporte a preto de 2.200 nenos e nenas galegos con unidades didácticas que se impartiron en centros escolares.
Nesta tempada 2024-23 leváronse a cabo ata oito torneos de base ligados ás ‘Gaélico Escolas PuntoGal’ nos que tomaron parte preto de 800 nenos e nenas, non só galegos, se non chegados tamén doutros puntos de Europa.