Galicia está á cola de España en calidade de vida en 2023, segundo o indicador do INE

A comunidade conta co peor dato do país no apartado relativo á experiencia xeral na vida
Galicia está á cola de España en calidade de vida en 2023, segundo o indicador do INE
Dúas mozas desfrutan da terraza dun restaurante en Santiago de Compostela | Aec

Galicia conta con 99,67 puntos no Indicador de Calidade de Vida de España (IMCV) de 2023, que publicou o Instituto Nacional de Estatística (INE) na xornada deste mércores, de maneira que se sitúa á cola entre comunidades, só por riba dos 98,9 puntos de Canarias.


En España, este dato repuntou 0,14 puntos en 2023, até chegar aos 101,54 puntos. É a primeira vez dende a pandemia que este indicador experimenta un aumento.

 

Tendencia á baixa


Con todo, o dato galego descende desde os 99,94 puntos de 2022 aos 99,67 puntos de 2023, unha tendencia que se mantén á baixa desde os máis de 100 puntos que tiña en 2020.


Por comunidades, Navarra (105,29 puntos), A Rioxa (104,14) e País Vasco (103,89) tiveron os maiores índices de calidade de vida en 2023, mentres que Canarias, Galicia e Andalucía tiveron os máis baixos (por baixo de 100 puntos).


Das nove cuestións que se analizan neste estudo, Galicia tan só está por encima da media española en tres delas: condicións materiais de vida, educación e seguridade.


En cambio, a comunidade galega contabiliza o peor dato no apartado de experiencia xeral na vida, con só 93 puntos, lonxe dos 102,5 do conxunto do Estado. 


Galicia tamén se atopa por baixo da media do país en: traballo, saúde, lecer e relacións sociais, así como gobernanza e dereitos básicos. 

Galicia está á cola de España en calidade de vida en 2023, segundo o indicador do INE

Te puede interesar