A borrasca ‘Martinho’ azoutou de novo a Galicia este sábado, unha xornada de alerta laranxa por temporal costeiro no que tamén se rexistraron fortes ventos e choivas na comunidade.
Neste senso, a boia de Portos do Estado situada en cabo Silleiro, Baiona (Pontevedra), rexistrou unha onda de 7,8 metros ás 11.00 horas da mañana de onte.
Pola súa banda, MeteoGalicia informou de que a máxima de vento tivo lugar en Xares, municipio da Veiga (Ourense), con 99,3 quilómetros por hora ás 02.30 horas da madrugada. Mentres, o municipio coruñés de Zas acumulou ao longo do día 43 litros por metro cadrado de choiva.
A Xunta de Galicia informou da alerta laranxa na costa a municipios afectados, deputacións, Protección Civil e clubs náuticos, entre outros. Igualmente, a Secretaría Xeral para o Deporte suspendeu durante a xornada toda a actividade deportiva federada no mar.
O Goberno galego chamou tamén a extremar as medidas de seguridade en calquera actividade no mar e lembrou a importancia de manterse afastado das zonas de costa.
Asimesmo, MeteoGalicia indicou que ‘Martinho’ estaba situada no Cantábrico, o que deixou en Galicia un corredor de ventos do norte con aire frío e chuvascos.
A cota de neve estivo nos 1.200 metros, pero baixou a 800 na tarde. MeteoGalicia fixou aviso amarelo na montaña de Ourense e Lugo por acumulacións de neve superiores aos cinco centímetros por encima dos 1.000 metros.
Xa en fase de disolución, ‘Martinho’ dexará este domingo choivas no Cantábrico e neve nas montañas do norte e centro peninsular segundo a Aemet