Spotify incorpora o galego

Spotify incorpora o galego

A plataforma musical Spotify, que naceu en 27 idiomas e incorporou 36 máis en 2021, busca máis público coa admisión desde este luns de once novos idiomas en dispositivos móbiles, o que eleva o número total a 74, entre os que se atopan o galego e o eúscaro.


Esta expansión "desbloqueará unha experiencia aínda máis persoal" para os seus usuarios "brindándolles a posibilidade de acceder a Spotify na súa lingua materna ou local" o que fomentará "máis conexións entre os creadores e as súas audiencias", informa este luns a plataforma.


Ademais do eúscaro e o galego, as novas incorporacións idiomáticas responden a español para Arxentina e México, chinés tradicional (Hong Kong), árabe (Exipto, Marrocos e Arabia Saudita), bosníaco, macedonio e inglés do Reino Unido. 

Spotify incorpora o galego

Te puede interesar