Subir as taxas de seguridade é o obxectivo do novo xefe superior de Policía de Galicia

O delegado do Goberno sinala que con Pedro Jesús Pacheco a comunidade gaña en formación
Subir as taxas de seguridade é o obxectivo do novo xefe superior de Policía de Galicia
Pacheco, onte, durante o acto de toma de posesión do seu cargo | Quintana

O novo xefe superior de Policía de Galicia, Pedro Jesús Pacheco, fixouse como obxectivos para o seu mandato incrementar as taxas de seguridade na comunidade e loitar contra a ciberdelicuencia. Pacheco tomou posesión do seu cargo onte nun acto celebrado na Coruña, no que estiveron presente o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o director xeral da Policía Nacional, Francisco Pardo. 


O novo xefe superior de Policía de Galicia, que expresou o seu “orgullo e honra” por este nomeamento, indicou que a súa función é “ser un mero servidor público; velar e servir aos demais”. Así, fixou como “obxectivo prioritario dotar á cidadanía das maiores taxas de seguridade posibles mediante servizos policiais eficientes e de calidade”.


Pedro Jesús Pacheco é consciente de que “neste novo camiño” será “moi importante a investigación”, pero tamén “a potenciación do ámbito preventivo, orde pública e seguridade cidadá, con atención en colectivos que máis o necesitan”. Outro reto que se fixa é a loita contra a ciberdelincuencia pois, como explicou, “a única actividade criminal que se incrementa en Galicia, como en Europa, son os ciberdelitos”.


O plan, avanzou, é “implantar unha cultura da ciberseguridade na cidadanía para que todos os usuarios sexan conscientes dos riscos”. Pedro Jesús Pachecho, que traballará por ter “unhas rúas máis seguras e que isto sexa percibido polos cidadáns”, non se esqueceu no seu discurso do seu predecesor, Ramón Gómez Nieto, quen deixa o cargo por xubilación. 

 

Pardo, asegurou que Pacheco é “un dos grandes talentos da Policía Nacional” que ten “unha grandísima experiencia na loita contra o crime organizado e contra a ciberdelincuencia”. Blanco expresou que conomeamento “Galicia gaña por formación, por traxectoria profesional e por dispoñibilidade operativa”. 
 

Subir as taxas de seguridade é o obxectivo do novo xefe superior de Policía de Galicia

Te puede interesar