Inventario climático

no entanto os galegos ollamos á dimensión das borrascas atlánticas, signo da mudanza climática, neste 2023 cómprense 30 anos da celebración dos Cume do Clima. Este ano a chamada COP28 servirá para facer balance dos avances. A Organización de Nacións Unidas é tallante a días de inaugurar o encontro, dicindo: “os esforzos dos países para limitar o aumento da temperatura mundial son insuficientes”. Estamos diante da última oportunidade para frear a emerxencia climática do quentamento global do planeta. Desde o 30 de novembro ata o 12 de decembro, as delegacións deberán acordar medidas para conter a subida da temperatura global por baixo de 1,5º graos.


Nas últimas tres décadas, os Cumes do Clima foron testemuñas de compromisos cruciais e, nalgúns casos, decepcións marcadas na loita contra o cambio climático. Agora é o momento de reflexionar sobre os logros e fracasos que definiron esta batalla global. No lado positivo, destácase o Protocolo de Kyoto en 1997, un fito que marcou o primeiro intento global aparentemente serio de abordar as emisións de gases de efecto invernadoiro. Con todo, a súa efectividade foi limitada pola ausencia de compromisos vinculantes para os países en desenvolvemento. Foi un paso importante, pero a falta dunha participación universal deixou un baleiro na acción colectiva. Avanzando no tempo, o Acordo de París en 2015 foi tamén un logro significativo, polo menos na forma, ao establecer metas ambiciosas para limitar o aumento da temperatura global. A ratificación deste acordo pola maioría dos países foi un testemuño da vontade política mundial para abordar a crise climática. Con todo, a medida que nos achegamos ao Cume de Dubai, un sarcasmo polo lugar e traxectoria do anfitrión, é evidente que moitos países aínda non cumpriron os seus compromisos de redución de emisións, facendo dubidar da eficacia real do Acordo de París.


Os avances tecnolóxicos ou o crecemento das enerxías renovables e a innovación en eficiencia enerxética son logros que poderían achandar o camiño cara a un futuro máis sostible Porén, a resistencia dalgúns países para comprometerse plenamente cos obxectivos climáticos continúan a ser un obstáculo determinante. Os encontros anteriores foron testemuñas de retóricas ambiciosas seguidas de medidas insuficientes. A desconexión entre as palabras e os feitos erosionou a confianza na eficacia destes foros internacionais. A medida que nos diriximos cara a Dubai, é imperativo aprender dos fracasos do pasado. Este nova cita non pode ser só un escenario para promesas baleiras; debe ser un catalizador para a acción inmediata na emerxencia climática que vai camiño ao punto sen retorno.

 

Inventario climático

Te puede interesar