R lanza a súa nova campaña realizada cos avances máis modernos da Intelixencia Artificial

R lanza a súa nova campaña realizada cos avances máis modernos da Intelixencia Artificial
Una persona utiliza su ordenador y su teléfono móvil / AEC

R, o operador líder en servizos de telecomunicacións de fibra e móbil en Galicia, estrea unha nova campaña
de publicidade para refrescar a súa marca e atraer todos os públicos do mercado e, en especial, o segmento da mocidade.

 

‘R_voemos’ é novo lema que a Compañía utiliza para inspirar a poboación galega cun futuro por crear onde, grazas ás telecomunicacións, todo é posible; un convite a deixar voar a imaxinación e a proxectar un mañá no que case todos os avances tecnolóxicos poden ‘molar’ moito (aínda que algúns non o fagan).


Así, a nova campaña mostra imaxes tan imposibles e ao tempo inspiradoras para os clientes como un humano cun filtro de cabalo que se pasea con dignidade pola urbe (para dar que falar), un colega de videoxogos que se conecta dende Orión, o receitario da avoa descargado na cachola dunha cociñeira moi moderna… ou unha nena cun casco de mil ollos para poder ver mil series e unha estupenda señora maior que plana en patinete sideral esquivando o tráfico.


Con estas imaxes preténdese trasladar a mensaxe da importancia das telecomunicacións nese futuro onde, grazas á tecnoloxía, seremos quen de facer cousas que aínda non podemos nin imaxinar. A nova campaña converte outra vez a R en axente de progreso que inspira e propón un mañá para situar Galicia á vangarda do mundo, que trae a innovación a Galicia; unha empresa que soña con ese intre.


Porque, para que as cousas pasen, o primeiro que hai que facer é soñalas. Ademais, refórzase a súa vinculación e compromiso co territorio onde o operador levou a cabo importantes investimentos no desenvolvemento das novas redes de fibra e 5G.


Creatividade con intelixencia artificial pioneira en animación

A nova campaña de R quere inspirar o público a ser creativo e orixinal, e descansa sobre valores como a frescura, a retranca, o desenfado e a diversión. O seu lema “voemos” convida a soñar, crear e gozar. A mensaxe principal busca que as persoas imaxinen o futuro para poder crealo. E faino con pezas gráficas e audiovisuais que debuxan escenas rompedoras, irónicas, humorísticas, reflexo dese mañá imaxinario.


Para iso apostouse pola intelixencia artificial, unha das tecnoloxías máis disruptivas dos últimos tempos. Igual que R. De feito, o anuncio da campaña é un dos primeiros do mundo realizado con intelixencia artificial que consegue este nivel de acabados, texturas e movementos de cámara. Para iso utilizáronse diferentes ferramentas de xeración de imaxes como Midjourney, ademais de vídeo tradicional sobre o que a IA
constrúe un universo sorprendente. E é a combinación de técnicas o que fai desta produción unha aventura totalmente pioneira (anuncio marca R).

 

 


Alfredo Ramos, director de R, explica que “a Compañía naceu en Galicia en 1998, e dende entón a súa galeguidade innata camiñou ligada a valores como a innovación, o investimento en tecnoloxía e a aposta por servizos avanzados en resposta ás necesidades dos/das nosos clientes.  Estamos moi orgullosos do logrado e queremos seguir medrando, ser aínda mellores e adaptarnos –como sempre fixemos, con creatividade e
innovación– aos novos tempos. O lanzamento da nosa nova campaña de marca vincúlanos aínda máis coa actualidade e coas inquietudes dos nosos clientes galegos, a quen queremos ofrecer sempre a mellor
tecnoloxía e os mellores servizos”.


Para a realización desta campaña e a súa creatividade R confiou na axencia galega Imaxe, unha mostra máis do seu compromiso coa innovación, reforzada pola produtora Vostok Films baixo a dirección do realizador
Cloré. A frescura da proposta completa responde igualmente a unha produción musical na que o músico coruñés Nano MZ enumera a ritmo de reguetón eses avances que nos deparará o futuro e que poderían "molar" (ou non).


O lanzamento, hoxe venres 12 de xaneiro, implicará a difusión de materiais audiovisuais e gráficos en radio, marquesiñas, online ou autobuses, ademais de contar con anuncios en televisión e presenza na gran pantalla de cines autóctonos.


Croquetas ilimitadas, xigas ilimitados

En definitiva, fiel aos seus principios, R non quere desprenderse do seu marcado espírito rupturista e segue a teimar en ser a empresa de telecomunicacións galega máis innovadora ano tras ano: fibra de última xeración con cobertura total en Galicia (e case total de 5G), máxima velocidade, Internet rural avanzado, plataforma de entretemento 4K con contidos para unha miscelánea de públicos… e todo iso cun servizo
próximo, con xente de aquí.


A misión de R, axudar a construír unha Galicia de vangarda para competir ao nivel das rexións máis avanzadas do mundo, continúa o seu periplo. E esta reviravolta da marca é, agora, o último capítulo desta historia de innovación. 

R lanza a súa nova campaña realizada cos avances máis modernos da Intelixencia Artificial

Te puede interesar