Reportaxe | Satán cobra vida no Festival de Cinema Fantástico

Reportaxe | Satán cobra vida no Festival de Cinema Fantástico
María Núñez e Tonecho Otero, codirectores do FKM, presentando a novena edición do festival | jesús lp.

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña chega na súa novena edición configurando nove xornadas en torno ao cinema fantástico con decenas de actividades. Ademais de proxeccións de longametraxes, o FKM acollerá un completo programa de actividades no que se atopan mesas redondas, conferencias e obradoiros con algúns dos representantes do panorama nacional e internacional deste xénero cinematográfico.
O festival de cinema fantástico e de terror de Galicia, debido ao éxito de anos anteriores, aumentará en dous días a súa duración respecto da última edición, configurando nove días de cinema fantástico. Deste modo, ampliará a súa programación, sobre todo en actividades formativas.
Nesta edición, o FKM fai unha homenaxe especial a Satán, un personaxe moi especial, que ten vida no cinema dende as súas orixes, e faino a través das súas múltiples rencarnacións como Belcebú, Leviatán ou Lucifer. A elección débese á gran repercusión que tivo dentro do cine de ficción dende os seus comezos.


Durante os nove días de duración, o festival ofrecerá decenas de actividades en torno ao xéneros fantástico e de terror.
Ademais, este ano FKM contará de novo con grandes nomes nacionais e internacionais dos xéneros fantástico e de terror como Luciano Tovoli, director de fotografía de “Suspiria”, e que traballou con Hopkins, Nickolson ou Antonioni, Gustavo Melella, responsable da maquillaxe na zombiewalk do Festival de Sitges; Arturo Balseiro, especialista en FX que participou en películas de Hollywood como “Men in Black”; Koldo Serra, quen dirixiu “The Backwoods” ou “Gernika” e traballou con Gary Oldman, María Valverde, Vigalondo ou Aitana Sánchez Gijón, entre outros nomes de participantes.
O novidoso das mostras que se poderán visitar este ano é que non só teñen a finalidade de mostrar as obras como se fai habitualmente, senón que transforman á sala de exposicións nun universo creativo, trasladando o mundo do que se nutren os ilustradores e ilustradoras, levándoo á sala de exposicións.


Reforzaranse as actividades formativas a través de novos obradoiros e sesións infantís dedicadas aos máis pequenos e a toda a familia no Museo de Arte Contemporáneo (MAC). Esta edición tamén contará con sesións de anime matinais, así como dúas masterclass, tendo lugar na Fundación Luís Seoane. A primeira será de Gustavo Melella, un dos maquilladores da zombiewalk de Sitges. A zombiewalk é a actividade máis mediática do festival debido a que se fai na propia rúa.. No Obelisco haberá carpas nas que a xente poderá maquillarse e formar parte desta marcha zombie, onde o mesmo Melella estará maquillando e caracterizando á xente que participe nela. Este ano a zombiewalk dedicarase a unha figura de orixe galega que creou o prototipo de zombies de hai 40 anos, George Romero, o famoso director de “La noche de los muertos vivientes”, unha película de 1968, coa que definiu o cine de zombies.
En torno á figura estrela do festival, Satán, haberá unha serie de mesas cadradas nas cales se reunirán as maiores figuras en torno ao cine satán. Entre outros estarán Jesús Palacios e Fran Rubio, todas persoas importantes neste campo.
O FKM tamén é un festival enfocado á visibilidade da muller no cinema. Polo tanto, este ano vai haber unha mesa cadrada adicada á figura da meiga, centrándose no tema da cosificación da muller no cine ao longo de toda a súa historia. Explicarase como e por que case sempre a personificación do mal é en forma de muller, así como as figuras das bestias na pantalla ou das femmes fatale. Toda unha homenaxe ao cine de terror e ciencia ficción da historia na actualidade.

Reportaxe | Satán cobra vida no Festival de Cinema Fantástico

Te puede interesar