Os termos galegos " coada", " gromo", "resiliencia", " tanxugueiras" e " vacinódromo" optan a ser Palabra do Ano 2021 e xa se poden votar no Portal das Palabras que impulsan a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié para difundir o léxico galego.
A palabra gañadora difundirase a final de ano e con ela trátase de identificar aquilo que resuma como se viviron colectivamente os últimos doce meses ou que sexa algún aspecto sobresainte da actualidade.
No caso das cinco voces finalistas deste ano fan referencia á pandemia da covid-19, á actividade do volcán da Palma ou ao auxe da música tradicional galega con motivo do Festival de Eurovisión.
É este último o caso de " tanxugueira", que non figura no Dicionario porque é un topónimo pero hoxe simboliza en plural a banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro. A
As palabras gañadoras ata o de agora foron nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016)-coincidindo co centenario das Irmandades da Fala-, refuxiado (2015) e corrupción (2014).