Máis de vinte grupos participarán este domingo no XXV Concurso de Música Tradicional de Xiradela

Repartiranse 2.400 euros en premios nas catro categorías
Máis de vinte grupos participarán este domingo no XXV Concurso de Música Tradicional de Xiradela
Este domingo celebrarase o XXV Concurso de Música Tradicional de Xiradela

Un total de 23 grupos participarán no XXV Concurso de Música Tradicional de Xiradela este domingo 27 no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Participan agrupacións de toda Galicia: Coirós, Corcubión, Boimorto, Oleiros, A Coruña, Carballo, Ribadeo, Trazo Malpica ou Ponteareas. As categorías con máis inscritos son a de 9 a 13 anos, con 9 grupos e a de rapazada de 13 a 17 nos, con 5 grupos.

 

O concursó comezará ás 10.30 da mañá e o acceso é de balde ata completar aforo, que o ano pasado chegaron a se preto de mil persoas. 

 

Fóra do auditorio tamén hai ambiente musical, pois os grupos adoitan quencer os instrumentos e as voces na contorna do paseo fluvial de Arteixo. 

 

Categorías e premios

Coma vén sendo durante anos, o Concurso de Música Tradicional da Xiradela conta con catro categorías divididas en función das idades dos grupos. Para cada unha hai un premio en metálico, ademais dun trofeo para o colectivo co mellor vestiario. En total, 2.400 euros son os que se repartirán este domingo.

 

As categorías son: 

 

  • Categoría A: Ata os nove anos. 
  • Categoría B: Dos nove aos 13 anos.
  • Categoría C: dos 13 aos 17 anos.
  • Categoría D: Dos 17 anos en diante. 

 

O primeiro posto está dotado de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100. O trofeo será para o mellor vestiario en cada categoría.

 

Cada grupo terá 5 minutos para interpretar as pezas e terase en conta a autentizidade da peza, a súa dificultade, a afinación do grupo e a súa interpretación.

 

Alba Pose, deseñadora do cartel deste ano

A coruñesa Alba Pose foi a encargada de crear o cartel deste 25 aniversario. 

 

Alba emprega o bordado, xa que, segundo di, é algo que representa a súa obra. "Quixen tirar do fío do tradicional sen entrar nunha iconografía do traxe galego ou algo máis clásico", asegurou a artista. 

 

A imaxe orixinal é de Pablo Quintana, que retrataba a tocadora Eva Castiñeira.

 

A Xiradela como método de recuperación

A Asociación Xuvenil Xiradela nace no ano 1982 co obxectivo de recuperar o noso folclore e gozar do tempo de lecer, ademais de colaborar con outras asociacións para difundir o seu traballo e promover a socialización dos rapaces e rapazas.

 

A partir do ano 1984 créase un grupo de investigación para a recollida de música, cantigas, literatura oral, costumes, bailes e traxes dos nosos devanceiros para poder divulgar a tradición galega o máis fielmente posible. 

 

Dende o 1987 celebran o Día da Muiñeira no mes de xuño cunha exhibición na rúa de bailadores e bailadoras da peza máis emblemática do noso folclore.

Máis de vinte grupos participarán este domingo no XXV Concurso de Música Tradicional de Xiradela

Te puede interesar