Salvo que naceu fóra por circunstancias de ter pais emigrantes, Paco Lodeiro (Caracas, 1965), presume de non saír apenas do seu barrio. Non é que non teña mundo, senón que o que máis lle gusta é estar nesa zona que vai “do Pavo Real para aquí”. Acaba de gañar o premio Iris ao mellor concurso por ‘Atrápame se podes’ e non é a primeira vez que o leva. Di que está “máis visto que o tebeo” e non lle falta razón: leva 6.500 programas de televisión, 5.000 deles de concursos. “Só me gaña Jordi Hurtado”, asegura.
Por que escolleu o Masculino para facer a foto?
É o meu lugar de referencia, sobre todo na adolescencia. Teño moi bos recordos: meu fillo vai ao Masculino, eu, meu irmán... Meu pai, aínda que era da aldea, como era listo, veuse examinar ao Masculino. O profe, como era ‘rojo’, non lle explicara a asignatura Formación del Espíritu Nacional e aprobou todas menos esa.
Como é que naceu en Caracas?
Meu pai era de Abegondo e miña nai, de Mondoñedo. Coñecéronse en Venezuela.
Mira que estar tan cerca e ir coñecerse en Venezuela...
Daquela non era tan raro. Nacín en Caracas e viñen moi pequeno para aquí, para a rúa Arxentina.
De Venezuela a Arxentina, entón.
Si, pasei por Betanzos porque vivin tres anos alí.
Que é o primeiro que lembra da Coruña?
Recordo o que agora é un parque, onde xogabamos ao fútbol. Había leiras e se o balón se metía aí o pinchaban. Lembro o que era San Roque de Afora, o hórreo que agora está diante da miña casa, un río de lavar, o local do Sin Querer....
E onde foi ao colexio?
Ata octavo fun aos Escolapios y logo fun ao Masculino. E logo, como estudei Informática, que daquela non había a carreira na Coruña, fun para Madrid.
Informática, algo tan pouco relacionado co espectáculo...
Porque tiña que estudar unha carreira que servise para vivir dela (ri). Sempre fun bo estudante, rematei a carreira, aprobei as oposicións para ser profe e son funcionario en excedencia, estiven dando clase uns anos. Ao principio, simultaneaba o de dar clase coas actividades, digamos, máis entretedoras e agora aínda podo volver dar clase. Deus non o queira, polo ben dos alumnos. Como os títulos non caducan, aínda o son pero cando acabei a carreira aínda non existía Google.
E como acaba no mundo da televisión?
Aínda que a xente me coñece dos concursos, eu, en principio, destas actividades múltiples, o que facía mellor era cantar. A min púxoseme a cousa de cara para gravar un disco e por aí empezamos. Eu xa era profe e as alternativas que había para cantar, en Galicia, eran nunha orquestra. E ofrecéronme as mellores.
Non lle iba a vida de orquestra.
Quero dicir, tiña que ser moi tonto para gañar a terceira parte e andar todo o día na estrada. Non era unha actividade interesante. Pero, a raíz de saír na tele, empézanme a chamar para outras cousas. Tamén xusto nese momento empecei a facer o de ‘Corre, Carmela, que chove’, imitando a Paco Vázquez, Arsenio e Lendoiro, que foi algo que me deu un empurrón. Foron as circunstancias as que me levaron máis a ser presentador ou creador de programas. Pero sigo cantando e este ano enchemos María Pita en agosto.
De que presume da Coruña cando vai por aí?
Da veciñanza, da Coruña e do meu barrio.
Os de San Roque teñen un sentimento moi forte de barrio.
Cando eu cheguei aquí, San Roque aínda existía porque hoxe é practicamente un recordo. Aínda estaba a escola de don Bernardino, os estudios Pirámide, onde Arturo Cres gravaba música; O Sabú, que aberta a discoteca Green aínda botou anos o edificio, e as ruínas da igrexa de San Roque, onde se facía a procesión dos porcos. E o mercado de froitas. Era un barrio con personalidade propia que é onde naceu, por exemplo, o clube decano da Coruña, o Sin Querer, onde xoguei máis anos. É un barrio que está a medio camiño de Labañou, Cidade Escolar e San Pedro de Visma.
E con cal vos peleabades?
Na, non somos moi violentos.
Falaba do Sin Querer pero xogou en moitos equipos coruñeses...
Xoguei no Calasanz e no Dépor, de rapaz. E cando me botaron do Dépor, fun para o Vioño.
E por que o botaron do Dépor?
Porque chegaron outros que eran mellores. “Para ser de la calle, Paco juega bien”, pero chegaba un momento, que no meu tempo era cando viñan os de fóra, os de Arzúa e tal. Aí xa marchei para o Vioño y despois, para Madrid. E cando volvín, xa sempre no Sin Querer. Xoguei en moitos equipos pero o meu é o Sin Querer. O ano pasado foi o centenario e fixemos o himno Miguelón máis eu.
O salto de calidade na súa carreira foron as imitacións. En que momento descubre que é o seu?
Hai unha facilidade para imitar que comezas sempre cos teus profes, o adestrador do equipo... E despois vas un paso máis alá: imitas a Paco Vázquez, a Arsenio, a Lendoiro... esa xente. Eu fun o primeiro que imitei a estes, sempre se imitaba a Jesús Hermida, a Gurruchaga, a Felipe González... e foi a primeira vez que alguén se poñía a imitar a xente daquí. Tiñas a Paco Vázquez falando con Cañita Brava, a Arsenio opinando con Boris Izaguirre...
E daqueles personaxes, a cal lle ten máis cariño?
A Arsenio, porque ademais tiña unha relación personal con el. Era amigo de meu pai. Xa lle tiña afecto antes de imitalo.
Falemos do malo. Que é que non lle gusta da cidade?
Gústame todo. O que non me gusta é a xente que lle quita defectos á Coruña. Unha cousa na que poderiamos mellorar é en ser fachendosos do noso.
Por Galicia adiante pensan que somos fachendosos de máis.
E máis que deberiamos ser, orgullosos do noso. Eu son do sector de que a Coruña é 'cojonuda'. Levo bastante mal este rollo galego do pouco capaces que somos de facer piña e sentirnos fachendosos.
Que bota de menos cando non está aquí? Por exemplo, cando andaba por Madrid.
Nada. Eu botei dez anos presentando un programa en Madrid sen vivir en Madrid. Ía gravar de luns a venres e nunha semana gravaba 65 programas, que son os de tres meses. E arroz. Pasaba tres semanas nun hotel e volvía.
E nunca lle prestou vivir alí?
Nunca. Eu non cambio o meu ecosistema vital daquí por nada.
E sempre no mesmo barrio.
Viñen para aquí, logo estiven no Peruleiro, e volvín para aquí.
E nunca lle deu por pasar do estadio para alá?
Non. Vivin en Santiago cando enfermou miña sogra, por coidar da familia, pero non cambio vivir na Coruña por nada. O famoso era meu pai –que morreu, vai facer un ano en febreiro–, eu aquí son o fillo de Paco e me coñece todo o mundo.
Sae pola tele, coñéceo todo o mundo no resto da cidade tamén...
Pero é que aquí eu son o fillo de Paco. Meu pai dedicábase á construción e sempre construíu do Pavo Real para aquí, todo nesta zona. E eu estou aquí, no barrio, desde pequeno e espero estar para sempre.
Preguntas cascarilleiras |
Se ten que escoller, que prefire comer: churros de Bonilla ou do Timón?
Prefire o monte de San Pedro ou xardíns de Méndez Núñez?
Por non saír do barrio.
Para ir tomar algo cuns amigos, para unhas cañas, para saír e ver xente... É máis da rúa da Estrela ou da Barreira?
Para beber, auga da traída, de Emalcsa, ou embotellada?
Cando ten que ir dun lado a outro, percorre a cidade a pé ou vai motorizado?
Á hora de ir á praia, elixa entre a de Riazor ou a do Orzán.
Outra que escolle tamén por proximidade xeográfica?
É a súa praia?
Falando de xeados, prefire os sabores tradicionais e de toda a vida como os da Colón ou a Ibi ou máis modernos?
É máis dunha verbena ou dun concerto no Coliseum?
Para ir de festa, é máis de celebrar o Entroido ou San Xoán?
E cando fala, normalmente di máis veces chorbo ou neno? |